Fundación Ofir Vida nace do compromiso coa terra e suas raíces no lugar da Fírveda, A Lama, e en recordó de Ofir Carballal González e Luciano Martínez Pérez, dúas persoas apaixonadas do lugar que os viu nacer e cuxos orixes estiveron sempre presentes ao longo das súas vidas.
Surxe das carencias básicas do día a día e ten como obxectivo promover un modelo de vida digno no rural poñendo en valor a experiencia e a capacidades da xente, os costumes e a historia así como tamen as posibilades que nos brindan en forma de oportunidade os recursos que forman parte da contorna, tranformando e equiparando as difilcultades devenidas do aillamento e a despoblación en señas e rasgos de identidade e autencicidade.
Tras unha profunda e coidada rehabilitación, a casa natal de Ofir, na Fírveda, será a sede da Fundación Ofir Vida e o lugar de encontro desde onde impulsará toda a súa actividade no seus mais de 5.000 m2 accesibles en todo o seu conxunto.
As accións da Fundación Ofir Vida virarán ao redor dun Proxecto Ecovital de saude socioambiental, basado nun modelo asistencial sostible, solidario e colaborativo, e incide sobre factores clave como; o benestar da persoas, as relacións sociais e a protección do medio ambiente conformando o ecoplan mais rural, dando cobertura a poboación do municipio da Lama e alrededores.
A creatividade, a asociación e a constancia son as características principales das accións do ecoplan nas distintas líneas de actuación:
Ecosaude: Consulta e terapias.
Ecoxente: Obradoiros, xogos e ocio, eventos, cultura, mercadillo, trámites, conciencia R (reacciona, recicla, recupera).
Econatura: Observatorio, ecoenerxía e ecogranxa.
En fase actual de constitución, a Fundación Ofir Vida prevé iniciar a súa actividade no último trimestre de 2023.